Entidad: Concello de Malpica de Bergantiños
Correo electrónico: info@concellomalpica.com
Teléfono de contacto:
Web o Blog: http://www.concellodemalpica.com
Plazo: 4 de xaneiro de 2013
Lugar: Malpica de Bergantiños
Perfil:
Para poder participar na selección, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
A) Ser cidadán español, sen prexuízo do establecido no art. 57. 4 da lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público en canto resulte de aplicación e nos termos establecidos.
B) Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder no seu caso da idade máxima de xubilación forzosa.
C) Estar en posesión do titulo: diplomado ou grao en Traballo social, licenciado ou grado en ciencias políticas, ou socioloxía, ou psicoloxía ou psicopedagoxía. No
caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estar en posesión do documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
D) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das
comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a
sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
E) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida ou sexa incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opta.
As persoas con discapacidade igual ao superior ao 33 por cento deberán facelo constar na súa solicitude, sinalando se precisan de adaptación para realizar as probas. A condición de discapacitado acreditarase mediante certificación expedida por organismo competente.
Os anteriores requisitos deberanse posuír con referencia ó derradeiro día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.
Será nulo a contratación dos que estean incursos en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.
Descripción:
É obxecto da presente convocatoria a regulación da contratación dun/dunha técnico/a que se encargará do desenvolvemento e execución das seguintes actuacións:
CI- PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES.
CI-1 PLANIFICACIÓN MUNICIPAL EN MATERIA DE IGUALDADE DE XÉNERO (elaboración, publicación, difusión e avaliación final dos Plans municipais de igualdade; proxectos de investigación e/ou estudo-diagnóstico territorial sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres)
Procedimiento:
As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Malpica de Bergantiños, presentándose no Rexistro Xeral do mesmo ( ou na forma prevista no artigo 38.4 da lei 30/92, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común no prazo de DEZ DÍAS HÁBILTES, contados a partir do dia seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial mencionado na base cuarta. Acompañarase a instancia ( Anexo III) inexcusablemente a seguinte documentación:
•Currículo vital no que se relacione e enumere os méritos alegados no presente concurso.
•Fotocopia cotexada ou autenticada do D.N.I ( no seu defecto, resgardo do DNI ou pasaporte)
•Declaración de non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade, nin padecer enfermidade ou defecto físico/psíquico, que impida o desempeño do posto de traballo. Así mesmo, declaración de non estar separado/a mediante expediente disciplinario algún do servizo das Administracións Públicas, nin inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas. Anexo II.
•Fotocopia compulsada da titulación esixida. No caso de titulación obtida no estranxeiro, deberá aportarse o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
•Copia cotexada do xustificante de ingreso dos dereitos de exame cuia cuantía é de 15 €, na conta municipal nº 2091-0030-56-3110000041 na entidade Caixa Galicia, cos datos persoais do aspirante e praza á que opta. A non presentación e pago da taxa por dereitos de participación en procesos selectivos dentro do prazo de presentación de instancias, non poderá ser obxecto de subsanación, determinando a exclusión do/a aspirante.
Deberá presentarse a documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais a considerar (orixinais ou copia autenticada) segundo o baremo de méritos establecido na base otava das presentes bases. Aqueles méritos que non estean correctamente documentados ou non estean contemplados nas presentes bases, non serán tidos en conta polo tribunal de selección. Para estar exento do exame de galego, deberá acompañarse a instancia do Celga 4 ou equivalente ( orixinal ou copia autenticada), non sendo admitida a súa presentación nun momento posterior.
FUENTE: TRAZOS 2012/ INTERMON





Comentarios
Aún no hay comentarios.